Peza ben feita – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Peza ben feita

Categoría:

Xénero dramático do S. XIX, cuxo termo foi empregado en francés, pièce bien faite, polo dramaturgo Eugène Scribe e que fai referencia á fórmula popular de entretemento pola cal os dramaturgos escribían os seus dramas respectando a clásica regra das tres unidades (unidades de tempo, espazo e acción). Segundo isto, a lóxica secuencial e progresiva da acción é unha premisa básica para esta técnicas dramatúrxica postaristotélica e que persegue manter a atención da persoa receptora en base a golpes de efectos e a correcta administración do suspense dramático. Este molde de composición dramática, que tanto influíu en dramaturgos coma Ibsen ou Strindberg, tamén é seguida polo que Pavis denomina dramaturgos “de bulevar” ou guionistas de series televisivas.

Relacionado con