Claque – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Claque

Categoría:

Conxunto de persoas pagadas por empresarios, artistas ou produtores teatrais para contaxiar cos seus aplausos ou cos seus asubíos unha determinada sensación de éxito ou fracaso nunha representación, en función dos intereses dos mesmos.

Tamén pode facer referencia a un grupo organizado de persoas que nalgúns momentos históricos tiveron un carácter semi-profesional e que foron responsables do éxito de obras mediocres nalgúns teatros e do inverso noutros espazos teatrais. Estes grupos tiveron unha especial actividade na ópera italiana pola rivalidade existente entre os artistas.

Relacionado con