No Método de Konstantin Stanislavski, subtexto é todo aquilo que non está explicitamente escrito no texto dramático pero que serve para definir o personaxe e interpretalo na posta en escena.
No Método de Konstantin Stanislavski, subtexto é todo aquilo que non está explicitamente escrito no texto dramático pero que serve para definir o personaxe e interpretalo na posta en escena.
Termo co que Gordon Craig se refire ao traballo da actriz ou actor a partir dun modelo de non-interpretación (non acting) que non pase pola encarnación do personaxe e o estudo psicoloxista que conduciría ao teatro naturalista, senón pola actuación a modo de autómata en mans do director-demiúrgo, procurando así un teatro de arte, antiteatral.
Meta final do personaxe, resultante da suma de todos os obxectivos que guían as súas accións na partitura total da obra
Estilo teatral das vangardas que se asocia coa lóxica do onírico, coa sobreposición do mundo dos soños.
Do latín tabernaculum significa “tenda”, e refírese ao santuario ou espazo en forma de tenda onde se garda o sagrado tanto na tradición xudea coma na cristiá. Por extensión, o tabernáculo é, dende a igrexa románica, o espazo central con forma de tenda significada nunha cúpula en que se cruzan os brazos da cruz latina que fai a súa planta. É nese lugar onde ten lugar a liturxia como representación.
Vid. Cadro vivo
Discurso de vocación estética no que un conxunto de emisores emiten unha mensaxe que é ficción ou artefacto artístico formado por signos icónicos, múltiples e simultáneos, ante un auditorio pluripersoal que é copresente ao acto de emisión.
Modelo arquitectónico teatral que, seguindo unha disposición enfrontada entre escenario e público, diferencia claramente entre eses dous ámbitos e emprega elementos estruturais específicos que os caracterizan. Así, o escenario sepárase da sala a través do marco de embocadura, ao tempo que a sala, en forma de ferradura, semicírculo ou semióvalo aberto cara ao escenario, posúe zona de patio de butacas e palcos organizados en diferentes andares.
Vid. Curral de comedias
Conxunto de tres traxedias e un drama satírico, compostas por un mesmo autor, interpretadas polos mesmos actores e coas que se presentaban a algún concurso na Grecia Clásica, ao ser requisito este formato para a festividade.
Termo grego (θέατρον) que significaba “lugar para ver” e que pasou a denominar os teatros gregos tal como se formularon inicialmente.
Parte do teatro grego situada no primeiro nivel da skené e que estaría reservada para a presenza de personaxes que representasen a divinidades.
Tipo de texto dramático da actualidade que trata problemáticas e personaxes en situacións sociopolíticas do noso tempo que teñen algúns trazos característicos vinculábeis ás características esenciais da traxedia como xénero tal como o explicou Aristóteles. O heroe ou protagonista da traxedia contemporánea segue realizando accións que seguen a xeran conflito e un erro tráxico, unha hybris, un recoñecemento e produce finalmente un efecto de catarse.
É un dos grandes xéneros teatrais, que nace no teatro romano e mestura elementos grotescos, cómicos e tráxicos.
Precepto propio do clasicismo formulado con intención de garantir, na elaboración da literatura dramática, o respecto á interpretación normativa da Poética de Aristóteles do século XVII. Así, partindo da importancia dada por Aristóteles á unidade de acción, estabelécese a necesidade de respectar as unidades de tempo e de lugar.
Vid. Carro
Vid. Aristotélico, Teatro Vid. Regra das tres unidades
Vid. Regra das tres unidades
Vid. Regra das tres unidades
Vid. Commedia dell’arte