Historia – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Ballet de corte

É un xénero  escénico  que xorde en Francia no S. XVI, importado dende Italia por Catarina de Medici, raíña consorte de 1547 a 1559, mecenas das artes e de espírito humanista. Combina música, danza, poesía e pantomima e foi un dos sinais de esplendor da corte francesa en espazos cortesáns, xardíns e pavillóns transformados con grandes escenografías onde antes se practicaba o xogo de pelota.

Barroco, Teatro

Importante período histórico do teatro europeo do S. XVII en que se consolidan as tradicións teatrais europeas, principalmente o teatro do Século de Ouro español, a Commedia dell’arte italiana, o Clasicismo francés ou o Teatro Isabelino en Inglaterra.

Belle nature

Concepto estético propio do clasicismo. Refírese ao obxecto da mímese artística como unha natureza idealizada capaz de expresar os parámetros do decoro.

Bofetón

Vid. Barroco, Teatro

Boxiganga

Vid. Barroco, Teatro

Bulevar, Teatro de

Termo procedente da historiografía teatral francesa co que se identifica o teatro burgués

Bululú

Especie de xograr de orixe galega, localizado a finais do século XVI.