Historia – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Teatro

Discurso de vocación estética no que un conxunto de emisores emiten unha mensaxe que é ficción ou artefacto artístico formado por signos icónicos, múltiples e simultáneos, ante un auditorio pluripersoal que é copresente ao acto de emisión.

Teatro á italiana

Modelo arquitectónico teatral que, seguindo unha disposición enfrontada entre escenario e público, diferencia claramente entre eses dous ámbitos e emprega elementos estruturais específicos que os caracterizan. Así, o escenario sepárase da sala a través do marco de embocadura, ao tempo que a sala, en forma de ferradura, semicírculo ou semióvalo aberto cara ao escenario, posúe zona de patio de butacas e palcos organizados en diferentes andares.

Tertulia

Vid. Curral de comedias

Theatron

Termo grego (θέατρον) que significaba “lugar para ver” e que pasou a denominar os teatros gregos tal como se formularon inicialmente.

Tres unidades, Regra das

Precepto propio do clasicismo formulado con intención de garantir, na elaboración da literatura dramática, o respecto á interpretación normativa da Poética de Aristóteles do século XVII. Así, partindo da importancia dada por Aristóteles á unidade de acción, estabelécese a necesidade de respectar as unidades de tempo e de lugar.