Historia – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Eccyclema

Elemento escenotécnico utilizado no teatro grego antigo para producir determinados efectos visuais ou dramatúrxicos. Era unha plataforma con rodas, de madeira e con capacidade para soportar o peso de unha ou dúas persoas.

Efecto de realidade

Vid. Ilusión

Entremés

Xénero dramático cómico breve da época renacentista e barroca, que normalmente se intercalaba entre dúas xornadas dunha comedia para divertir o público coa súa intención burlesca. Na creación literario-dramática hispánica, considérase o que Lope de Rueda definiu como “paso” o precursor do entremés.

Epización

Procedemento propio do teatro occidental a partir da segunda metade do século XIX polo cal foron abandonándose progresivamente algunhas das estruturas dramáticas máis características para introducir no drama estruturas propias da épica.

Expresionista, Teatro

Movemento artístico das vangardas que xorde en Alemaña a comezos do século XX como reacción ao Naturalismo.