Psicodrama – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Psicodrama

Categoría:

Metodoloxía psicolóxica ou da psicoterapia que ten como obxectivo o diagnóstico e tratatemento clínico empregando o xogo dramático para tentar superar conflitos patolóxicos ou traumas e bloqueos persoais. Esta técnica de dramatización grupal do ámbito da saúde foi desenvolvida polo psicosociólogo e psiquiatra Jacob Ley Moreno e tal e como indica o instituto profesional que leva o seu nome, entre as súas actividades dinstínguense:

  1. Psicodrama puro: dramatizacións centradas nunha persoa.
  2. Sociodrama: dramatizacións centradas nun grupo.
  3. Dramatizacións didácticas: para a ensinanza de xeografía, historia, idiomas e calquera contido curricular de todos os niveis educativos, mesmo os máis indomables ou abstractos, como a filosofía ou a física, por exemplo).
  4. Dramatizacións terapéuticas: para a abordaje de doenzas psicolóxicas e /ou para a ampliación de espazos de saúde.
  5. Rol playing: de ampla utilización en medios educativos, empresariais e laborais.
    Para a aprendizaxe dun novo rol, co obxectivo de adquirir destreza e eficiencia e tamén coñecer as limitacións e habilidades persoais. Tamén se utiliza para osixenar roles profesionais expostos a moita presión: persoal da sáude, empresarial, axentes de bolsa, economistas, políticos, etc. que están sometidos a un estrés continuo.
  6. Teatro da Espontaneidade: a xente conta algunha historia propia e un equipo adestrado recrea esa situación no escenario, ampliando aspectos do relato sobre a base da espontaneidade do equipo. Utilizan algúns elementos teatrais, teas, máscaras, música.
  7. Psicodrama Cine Club: a xente ve un pequeno fragmento dalgunha película que se proxecta e que serve como disparador, e logo comparte a través do psicodrama as súas emocións, asociaciones, expresións artísticas e reflexións.
  8. Periódico vivinte: dramatízanse aquelas noticias dos medios que por diferentes motivos interesen ao grupo: culturais, políticas, policiais, etc.

Como se pode ver, esta é unha práctica do ámbito sanitario que bota man de ferramentas teatrais, dividida en tres fases de quecemento, dramatización e posta en común ou participación. Non é unha actividade artística, senón unha actividade terapéutica para mellorar a comprensión de situacións persoais de vulnerabilidade e preparse para mellorar a conduta, as relacións e a emocionalidade.

 

Relacionado con