Esperpento – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Esperpento

Categoría:

Xénero dramático cuxa autoría se atribúe a Valle-Inclán e no que se combinan elementos cómicos e tráxicos nunha visión deformada da realidade, con aspectos grotescos e absurdos, que nos presentan a animalización do ser humano, rexistros e xirias ao servizo dunha visión crítica, cínica ou degradada da sociedade.

Os estudosos Rodolfo Cardona e Anthony N. Zahareas sinalan catro características esenciais baseándose nos comentarios do propio Valle-Inclán e nas paráfrases dalgúns diálogos dos primeiros esperpentos:

  1. O estilo que deforma en caricatura grotesca o humano e o ibérico, xorde dunha circunstancia histórica.
  2. Como exposición da lamentábel condición humana, oponse o esperpento á actitude e maneira tráxicas.
  3. Os elementos estruturais máis característicos do esperpento son o dramatismo e a teatralería.
  4. Ao precisar en termos asociados á chamada “condición” do home e á súa circunstancia, os esperpentos proxectan temas similares aos de tratadistas da angustia radical do home ante a súa existencia.

Algunhas das obras representativas deste xénero forxado por Ramón María del Valle-Inclán son Luces de Bohemia (1924) ou Los cuernos de Don Friolera (1925).

Relacionado con