Espazo situado no fondo do escenario dun teatro, habitualmente con acceso dende o exterior, para labores de carga e descarga. A chácena tamén se pode empregar como zona de almacenaxe de escenografía, material técnico ou maquinaria escénica e nalgúns casos pode ser incorporado ao espazo da representación, unha vez eliminada a cámara negra.