Construcións a cada lado da skené no theatron grego que, a modo de espazos pechados, sobresaían cara á orquestra. Neles ocultábase a maquinaria escénica para os efectos especiais.