Doxa – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Doxa

Categoría:

Concepto que se refire aos elementos indiscutíbeis ou certezas cos que se conforma a definición dun obxecto dado. Constitúe a base para o estabelecemento dos acordos ou sentido común en que se basea un sistema determinado (o sistema teatral, por exemplo) xa que, ademais, senta as bases para as normas de funcionamento do mesmo por ser considerada a verdade. Ao non ser discutida, a doxa non é o mesmo que o dogma, pois non precisa dunha imposición formal nin dunha xustificación artellada.

Interésanos, neste sentido, o uso do concepto que realiza Pierre Bourdieu, ao estabelecer a doxa como mecanismo que define a orde cultural, e, en consecuencia, o funcionamento do sistema teatral, onde será necesario o cuestionamento da doxa para formular unha dialéctica que permita a asunción colectiva dos acordos (para o estabelecemento desa “verdade”) integración dos cambios que permitan o seu progreso e supervivencia.

 

 

 

Relacionado con