Subvención – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Subvención

Categoría:

En sistemas escénicos de intervención pública, é a asignación de recursos económicos desde a Administración aos diversos axentes de produción (compañías privadas, entidades para a exhibición e distribución, etc.).

A subvención é unha das fórmulas polas que o Estado intervén nas artes escénicas. Por regra xeral, a xustificación para inxección de diñeiro público nun ámbito de produción esencialmente privado, explícase, segundo Francisco J. Sanjiao, desde a formulación democrática da intervención que considera as artes escénicas un servizo público. Deste xeito, co fin de garantir o dinamismo do sistema e mais de contribuír a minimizar os efectos adversos da lei de fatalidade de custos, o Estado aporta capital económico no ámbito da produción de tal xeito que o mercado das artes escénicas se dinamice e garanta a existencia da comunicación social do teatro.

 

Para saber máis: Frey, Bruno & Pommerehne, Werner W. (1995) Musas e mercados, Santiago, Laiovento; Sanjiao Otero, Francisco J. (2007) !Todo o mundo a escena! A economía do teatro: unha ferramenta de xestión no sistema teatral galego, Lugo, Tris Tram.

Relacionado con