Orixinalmente, coincidencia entre a unidade sintáctica e a métrica e tamén intervencións de cada personaxe que ocupa un único verso. Era un recurso retórico moi empregado na traxedia clásica de Eurípides e que pasa á comedia aristofánica. Esta técnica do teatro en verso era empregada para intensificar o ritmo e provocar diálogos moito máis fluídos e intensos.