Milagre – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Milagre

Categoría:

Xénero teatral relixioso da Idade Media, espallado por Europa e que en Francia recibe o nome de jeux e en Inglaterra o de miracle play. A súa finalidade era principalmente pedagóxica, pois estaba destinada á formación dos monxes, principalmente bieitos, pero tamén posúe unha finalidade lúdica e didáctica, sempre baixo os preceptos cristiáns.

A diferenza do misterio, este tipo de espectáculos podía presentar a intervención de certos santos na vida cotiá da xente, especialmente Santa María ou San Nicolás, cunha dimensión máis pagá. A popularización deste xénero, así coma a dos martirios, produciu a súa representación en ciclos organizados polos gremios de artesáns.

Relacionado con