Madrigal – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Madrigal

Categoría:
  1. En teatro, é un xénero breve, normalmente improvisado e metateatral, no cal se verten consideracións sobre o propio oficio de autor ou actor. Un exemplo deste xénero pode ser Impromptu de Versailles (1663), de Molière, onde ironiza e se burla dos costumes arcaicos da posta en escena da época, como a falta de profesionalidade ou a declamación esaxerada. Pero, ademais, asumindo todo o risco, tamén lanza dardos críticos contra os malos costumes da corte, incluso o propio rei.
  2. Xénero musical solístico que se considera como o precedente do nacemento do dramma in musica, é dicir, a ópera barroca italiana.

Relacionado con