Dímer – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Dímer

Categoría:

É un dispositivo eléctrico ou un reostato que posúe diferente número de canles para distribuír a corrente eléctrica e cumprir a función de regulador.

Nunha ficha técnica, unha compañía debe sinalar ao xefe técnico ou á persoa responsábel dunha sala ou teatro as necesidades en canto a número de canles que debe ter un dímer para a implantación do material do seu deseño de iluminación.

Ao regular a intensidade de un ou máis focos, conséguese que a través do deseño de iluminación se poidan conectar os aparellos escollidos a distintas canles para que poidan ser controladas dende a mesa de control. Algúns dímer poden ter un control remoto pero o máis empregado nos teatros é o protocolo DMX ou o DMX512, que permite que a intensidade das luces poida ser sincronizada coas lámpadas de efectos especiais, as máquinas de fume, etc.

Relacionado con