Galerada – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Galerada

Categoría:

Texto en probas. Impresión en menor calidade dunha obra empregada para realizar nela modificacións e correccións antes da súa versión definitiva, polo xeral en formato libro.

O termo referíase antigamente ao texto que cabía nunha “galera”, táboa das tipografías e imprentas tradicionais nas que se encaixaban aliñadas as letras que compuñan o texto en dúas “follas voandeiras” paralelas, equivalentes á súa vez a dúas páxinas do libro.

A corrección de galeradas é unha parte importante do traballo do dramaturgo, xeralmente en colaboración co editor e con persoal especificamente dedicado a labores de corrección editorial, como paso previo á publicación comercial. Nas galeradas márcase correccións e mudanzas que afectan tanto ao contido da obra coma a cuestións de carácter formal. Trátase de modificacións de carácter puntual que afectan, en todo caso, a unha proporción reducida do volume do texto.