Teoría – Páxina 6 – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Sistema emerxente

Sistema teatral que, pola súa mocidade ou polas súas múltiples anomalías, non desenvolveu aínda o funcionamento normal de todos os seus factores.

Sistema teatral

Segundo a Teoría de Polisistemas de Itamar Even Zohar, sistema é unha rede de relacións sociais arredor dunha determinada actividade. O sistema teatral, por tanto, consistirá no conxunto de interrelacións entre os distintos axentes e accións en torno á actividade que denominamos “teatro”.

Stichomythia

Orixinalmente, coincidencia entre a unidade sintáctica e a métrica e tamén intervencións de cada personaxe que ocupa un único verso.

Suceso

Vid. Acontecemento.  

Supermonicreque

Termo co que Gordon Craig se refire ao traballo da actriz ou actor a partir dun modelo de non-interpretación (non acting) que non pase pola encarnación do personaxe e o estudo psicoloxista que conduciría ao teatro naturalista, senón pola actuación a modo de autómata en mans do director-demiúrgo, procurando así un teatro de arte, antiteatral.

Teatralidade

Propiedade esencial do teatro. É o especificamente teatral, aquilo que outorga a condición de teatral ou escénico e que está necesariamente presente nas artes escénicas pero pode aparecer eventualmente noutras manifestacións humanas outorgándolles así a condición de teatral.

Teatro

Discurso de vocación estética no que un conxunto de emisores emiten unha mensaxe que é ficción ou artefacto artístico formado por signos icónicos, múltiples e simultáneos, ante un auditorio pluripersoal que é copresente ao acto de emisión.

Temor

Vid. Horror

Teoría das artes escénicas

Vid. Teoría teatral

Teoría teatral

Disciplina de coñecemento que estuda a teatralidade en todas as súas manifestacións, propoñendo métodos e conceptos para a súa definición, análise, explicación, descrición, interpretación e crítica.

Terror

Vid. Horror

Trama

Vid. Argumento

Transdución

Proceso de transformación dun tipo de texto noutro expresado a través duns signos de natureza diferente do primeiro.

Unidade de acción

Vid. Aristotélico, Teatro Vid. Regra das tres unidades

Unidade de lugar

Vid. Regra das tres unidades  

Unidade de tempo

Vid. Regra das tres unidades  

Verfremdungseffekt

Vid. Distanciamento, Efecto de

Verosemellanza

Vid. Verosimilitude

Verosimilitude

Procedemento compositivo polo que todos os acontecementos da acción resultan posíbeis dentro do seu propio argumento, que, ao estruturarse segundo unha lóxica interna derivada da interconexión causal e necesaria de todos os feitos amosados ou relatados, constrúe os seus propios parámetros de credibilidade. Por extensión, é o procedemento compositivo que xera no público ilusión de realidade.