Teatro – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Maccus

Vid. Atelana

Mágoa

Na Poética de Aristóteles, é, canda o horror, unha das emocións que se purgan a través da experiencia estética da traxedia, dando lugar á catarse.

Manducus

Vid. Atelana

Máscara

Prótese elaborada mediante diversos materiais segundo a época, como madeira, pasta de liño, pasta de papel ou plástico, que oculta total ou parcialmente a faciana da persoa que a leva.

Máscara neutra

Máscara empregada con fins pedagóxicos, que anula a expresividade facial e produce un estado neutro para fomentar a expresividade corporal.